Ir ó contido

Ir ó índice

 TESOUROS DA BIBLIA | SALMOS 45-51

Xehová non despreza o corazón contrito

Xehová non despreza o corazón contrito

David escribiu o Salmo 51 despois de que o profeta Natán chamara a atención sobre o seu grave pecado con Batxeba. A conciencia de David aflixíao, e confesou humildemente (2 Sam. 12:1-14).

David pecara pero aínda podía recuperarse espiritualmente

51:5, 6, 10-14, 19 (51:3, 4, 8-1217, NM)

  • Antes de arrepentirse e confesar, a súa conciencia facíao sentir moi desgraciado.

  • Era tal a angustia que sufría pola desaprobación de Deus, que se sentía coma se lle machucasen os ósos todos.

  • Ansiaba o perdón, recuperar a súa relación con Xehová, e a ledicia da que gozara anteriormente.

  • Suplicoulle humildemente a Xehová que o axudase a cultivar o desexo de obedecer.

  • David estaba seguro de que Xehová o perdoaría.