Ir ó contido

Ir ó índice

 TESOUROS DA BIBLIA | PROVERBIOS 12-16

A sabedoría é mellor có ouro

A sabedoría é mellor có ouro

Por que é tan valiosa a sabedoría que provén de Deus? Porque protexe de ir polo mal camiño ós que a posúen e consérvaos con vida. Ten un efecto positivo na súa actitude, e nas súas palabras e accións.

A sabedoría protéxenos do orgullo

16:18, 19

  • A persoa sabia recoñece que Xehová é a fonte de toda a sabedoría.

  • Os que teñen éxito na vida ou reciben máis responsabilidades deben ter especial coidado para non volverse orgullosos ou fachendosos.

A sabedoría promove as palabras xeitosas

16:21-24

  • A persoa sabia emprega a perspicacia para atopar o bo nos demais, e fala ben deles.

  • A persoa sabia non é dura nin agresiva; máis ben, as súas palabras son convincentes e doces coma o mel.