A NOSA VIDA CRISTIÁ
Manteñámonos firmes segundo se achega a fin
POR QUE É IMPORTANTE. Dentro de pouco, sucesos impresionantes porán a proba como nunca antes a nosa valentía e confianza en Xehová. A gran tribulación comezará coa destrución das relixións falsas (Mt. 24:21; Ap. 17:16, 17). Serán tempos difíciles nos que poida que teñamos que levarlles ás persoas unha mensaxe de xuízo moi directa (Ap. 16:21). Tamén teremos que enfrontarnos ó ataque Gog de Magog (Ez. 38:10-12, 14-16). Pero Xehová defenderá o seu pobo na “guerra do día grande do Deus que todo o sostén” (Ap. 16:14, 16). Se queremos ser valentes e estar preparados para todo o que sucederá no futuro, é preciso que, xa agora, sexamos leais cando se pon a proba a nosa fe.
COMO FAGO?
Sé valente ó defender e obedecer as normas morais de Xehová (Is. 5:20).
Sigue adorando a Xehová a carón dos irmáns da congregación (Heb. 10:24, 25).
Obedece deseguida as instrucións da organización de Xehová (Heb. 13:17).
Reflexiona en como Xehová liberou o seu pobo no pasado (2 Pe. 2:9).
Óralle a Xehová e confía nel (Sal. 112:7, 8).
DESPOIS DE VER O VÍDEO SUCESOS FUTUROS QUE PORÁN A PROBA A NOSA VALENTÍA (FRAGMENTO), RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:
Como se puxo a proba a obediencia dos predicadores cando a súa congregación se fusionou con outras congregacións?
Que relación hai entre a valentía e a obediencia?
Por que precisaremos ser valentes durante o Harmaguedón?
Preparémonos agora para o que acontecerá no futuro, pois precisaremos ser valentes
Que relato da Biblia nos pode axudar a fortalecer a nosa fe en que Xehová ten o poder para salvarnos? (2 Cró. 20:1-24)