A NOSA VIDA CRISTIÁ
Xehová non esquece o noso traballo
Todos temos a oportunidade de facer moito por Xehová. A el non lle esquece o noso traballo e o amor que lle mostramos, pois é coma un pai que quere o seu fillo e valora o que fai ben (Mt. 6:20; Heb. 6:10). Claro está, todos temos circunstancias e habilidades diferentes. Pero se lle damos o mellor de nós a Xehová, teremos razón para estarmos satisfeitos (Gál. 6:4; Col. 3:23). Ó longo do tempo, moitos irmáns e irmás traballaron como voluntarios en Betel. E ti, poderías traballar en Betel? Se non che é posible, que podes facer para animar a outros a que vaian alí? Ou como podes axudar a algún familiar para que siga en Betel?
DESPOIS DE VER O VÍDEO PODES TRABALLAR EN BETEL?, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:
Que nos debe motivar a traballar en Betel?
Que efectos positivos tivo nalgúns irmáns estaren en Betel?
Que se espera de quen quere traballar en Betel?
Que tes que facer para poder ir a Betel?