Xoel 1:1-20

1  Palabra do Señor, que lle veu a Xoel, fillo de Petuel.   Escoitade isto, vós, os anciáns,oídeo tódolos gobernantes do país. ¿Sucedeu algo semellante durante a vosa vida,ou durante a vida de vosos pais?   Contádellelo ós vosos fillos,e vosos fillos a seus fillos,e seus fillos á xeración seguinte.   Aquilo que lle sobrou á larva devoradora,comeuno a lagosta que roe;e o que lle sobrou á eiruga que destrúe,comeuno o saltón voador,e o que lle sobrou ó saltón voador,comeuno a eiruga que destrúe.   Espertade, borrachos, e póndevos a chorar,facede lamentacións, tódolos que bebedes viño,por mor do viño novo, pois quítasevos da boca.   Velaí, un pobo sobe contra o meu país, poderoso e incontable,os seus dentes son dentes de león,e ten poutas de leoa.   Converteu a miña viña nunha desolación,e a miña figueira nun cango seco;escascouna completamente e botouna ó chan,as súas vides quedaron brancas.   ¡Laméntate ti, coma virxe vestida de sacopolo marido da súa mocidade!   Suprímase do templo do Señor a ofrenda e a libación;que fagan dó os sacerdotes, servidores do Señor. 10  O campo está arrasado, a terra de cultivo está de loito. Si, está arrasada a colleita, os acios están secos,resecan as oliveiras. 11  Volvédevos resecos de tristura, campesiños,lamentádevos, viñadores,polo trigo e pola cebadapois perdeuse a colleita do campo. 12  A viña está seca e a figueira murcha,a romaceira, tamén a palmeira e maila maceira,tódalas árbores do campo están murchas. Si, secou a ledicia dos fillos de Adam. 13  Vestídevos para facer loito, sacerdotes,facede lamentacións, servidores do altar. Vinde pasa-la noite vestidos de saco,servidores do meu Deus,porque a casa do Señor está privada da ofrenda e mais da libación. 14  Decretade un período sacro de xexún,convocade a asemblea,xuntade os anciáns, a tódolos que viven no país,no templo do Señor, o voso Deus, e pedídelle auxilios ó Señor. 15  ¡Ai dese día! Si, xa está preto o día do Señor,chega coma a ruína que vén do Omnipotente. 16  ¿Acaso de diante dos nosos ollos non falta a comidae do templo do noso Deus a ledicia e maila festa? 17  Murchou a semente debaixo dos seus sucos;están baleiras as arcas, están no fondo as tullas do gran,porque o trigo secou. 18  ¡Como brúa o gando! ¡Coma andan descarriados os fatos de vacas! Si, non teñen quen as pastoree, si, os fatos de ovellas perecen. 19  A ti, Señor, pídoche auxilio,pois un lume consome os pasteiros do monte,e un incendio queima as árbores do campo. 20  Mesmo as feras do campo suspiran por ti,pois están secos os regueiros de auga,e o lume consome os pasteiros do monte.

Notas ó pé