Xob 34:1-37
34 Seguía falando Elihú e dixo:
2 -“¡Sabios, escoitade as miñas verbas,dádeme oídos os que moito sabedes!
3 Igual que a orella pode distinguir palabrase o padal saborea o que come,
4 podemos nós proba-lo que é dereitorecoñecer por nós o que sexa bo.
5 Foi Xob mesmo quen dixo: Son inocente,é Deus quen trastoca o meu dereito;
6 anque teño a razón, paso por trouleiro;vou ferido de frecha sen culpa da miña parte.
7 ¿Que home hai coma Xobque beba o escarnio coma auga,
8 sempre de camiño para a xuntanza dos malfeitores,sempre na rúa a carón dos malvados?
9 Di para si: Non trae vantaxe ningunhao darlle gusto a Deus.
10 Por iso, vós, asisados, oíde:
lonxe de Deus o ser culpable,lonxe do Omnipotente o obrar inxusto,
11 xa que conforme fai o home así paga,e segundo a súa conducta retribúeo.
12 Abofé que Deus non pode obra-lo male que o Omnipotente non torcerá o dereito.
13 ¿Quen lle encomendou a El a terrae quen lle decretou o cargo do universo?
14 Con só que El decidiseretira-lo seu espírito e o seu alento,
15 afogarían tódolos viventese o ser humano voltaría ó po.
16 Se tes entendemento, escoita isto,presta atención ó son das miñas verbas:
17 ¿Podería gobernar quen refuga o dereito?
¿Condenarías ti a quen é xusto e poderoso?
18 ¿Chamarías ti badoco ó reie diríaslles ós nobres criminais?
19 A El, que cos principais non ten favoritismo,que non se pon da parte do podente contra o pobre,pois todos eles son obra das súas mans.
20 Morren de súpeto á media noite,expiran os podentes e pasan;o forte cede o posto sen que o toque ningunha man.
21 Pois os seus ollos dexergan os vieiros humanosalbiscando tódolos seus pasos;
22 non hai sombra nin tebrasonde os malfeitores poidan atobar,
23 xa que Deus non lle dá ó home un prazopara vir onda El a xuízo.
24 Desfai ós violentos sen máis enquisase no seu posto dálle-lo cargo a outros,
25 porque pescuda tódolos seus feitostrastocándoos de noite ata os esnaquizar;
26 malla neles como se estivesen presos,onde todos os vexan,
27 por deixaren de seguiloe por non matinaren nos seus camiños,
28 facendo chegar a El os salaios dos pobres,facéndolle escoita-los choros dos oprimidos.
29 E se El fica inmóbil, ¿quen o moverá?
e cando esconde a face, ¿quen o contemplará,a El que vela sobre as nacións e os homes
30 para que non reine o inicuonin lle poña trampas ó pobo?
31 ¿Terá Deus que dicirche:
Errei, mais non tornarei face-lo mal;
32 non vin o que facía, ensíname ti;e se obrei o mal, non o repetirei?
33 ¿Ha de retribuír El coma ti pensas cando condenas,xa que es ti quen decide e non eu?
¡Fala, se tanto sabes!
34 Mais homes asisados hanme responderxunto cos sabios que me escoiten:
35 Xob está a falar do que non sabee as súas razóns van sen xeito.
36 Deberá ser probado Xob ata o rematepor contestar como fan os impíos,
37 pois engade outra culpa ó seu pecadoe aínda fai festas diante de nósmultiplicando verbas contra Deus”.