Xob 33:1-33

33  Pois ben, escoita, Xob, as miñas razónsatende os meus discursos.   Fíxate, estou a abri-la miña boca,o que vai dici-la lingua xa está no meu padal:   sonche palabras sabias dun corazón sincero,o que os meus labios falen será enxebre e verdade.   Fíxome o alento de Deuse deume vida o sopro do Omnipotente.   Se é que podes, respóndeme;prepárate, ponte de pé diante de min:   Velaí, para Deus son eu tanto coma ti,tamén eu fun formado da lama.   Non te vou arrepiar co meu tremor,non premerá sobre ti o meu peso,   pero ti dixeches ante os meus oídos,e eu percibín, este son das túas verbas:   Estou limpo e sen delito,son inocente e non teño pecado, 10  mais El procura motivos contra mine cóntame entre os seus inimigos, 11  méteme os pés no cepo,espía tódolos meus vieiros. 12  Niso non levas razóns: respóndoche eu,que Deus é meirande có home. 13  ¿Como é que lle fas tal acusación: non respondeu nin a unha das miñas razóns? 14  Deus fala de xeitos moi diversos,só que un non se decata. 15  Nos soños, na visión nocturna,cando cae o sopor sobre os homesó durmiren no seu leito, 16  abre entón El os oídos humanose amedréntaos coa súa represión 17  para afastalos dos seus feitos malos,e preservalos da soberbia humana, 18  aforrándolles que vaian dar na covae que as súas ánimas atravesen a Canle da morte. 19  E tamén os corrixe coas dores no leito,cunha agonía dos ósos, que non cesa; 20  nos seus antollos o xantar dálles noxo,a súa boca refuga as lambetadas; 21  mírranselle-las carnes ata desaparecer,vénselle-los ósos que antes non se vían; 22  a alma achégaselles á cova,a súa vida ós mensaxeiros da morte; 23  mais se encontra algún anxo ó seu carón,un mediador, un de entre os Mil,dos que lle din ó home a súa obriga, 24  terá piedade del e dirá: déixao ceibe, e que non baixe á cova,pois teño eu disposto o seu rescate. 25  Daquela medrará en xuventude o seu corpoe tornarase coma nos seus días mozos, 26  cando lle rogue a Deus, halle ser propicio,verá o seu rostro entre aturuxos,mentres lle anuncia ó home a súa saúde. 27  Cantará diante da xente e dirá: É certo que pequei e torcín o dereito,pero Deus non me deu o merecido; 28  salvoume cando ía dar na cova,e a miña vida viu a luz. 29  Este é o xeito de como actúa Deusunha e outra vez para co home, 30  facéndolle saí-la alma da tumbae iluminándoo coa luz da vida. 31  Atende, Xob, e escóitame,fica calado mentres eu che falo; 32  se tes algo que responder, dío,pois gustaríame darche a razón. 33  Pero se non tes, escóitame;cala, e heiche ensinar sabedoría”.

Notas ó pé