Ezequiel 6:1-14

6  Veume a palabra do Señor nestes termos:   -Fillo de Adam, dirixe o teu rostro cara ás montañas de Israele profetiza contra elas.   Dilles: ¡Montañas de Israel, escoitade a palabra do Señor, Iavé! Así lles fala o Señor Deus ás montañas e ós outeiros,ós regueiros e ás veigas: -Velaquí que eu mando a espada contra vóse destruirei os santuarios dos vosos outeiros;   serán arrasados os vosos altares de sacrificios,esnaquizados os vosos altares de queimar incenso,e farei que caian os vosos mortos diante dos vosos ídolos.   Poñerei os cadáveres dos fillos de Israeldiante dos seus altares. Esparexerei os vosos ósos ó arredor dos vosos altares.   En tódalas vosas bisbarrasas cidades quedarán devastadas,e os santuarios dos vosos outeirosquedarán destruídos,de xeito que os vosos altares de sacrificioqueden arrasados, esnaquizados os vosos ídolos,desfeitos os vosos altares para queimar incensoe desaparezan os que son obra vosa.   No medio voso caerán mortos os homese vós recoñeceredes que eu son Iavé.   Cando de vós non queden máis cós que escaparon da espadapor entre as nacións, eu manterei un resto;cando vos vexades esparexidos por entre os países,   os que de vós escaparon lembraranse de minnas nacións onde sexan deportados,pois eu farei que se rompa o seu corazón prostituídoque se apartou de min,e os seus ollos prostituídos que se foron tralos ídolos;sentirán nas súas caras a vergonzapolas maldades que cometeron,por tódalas súas abominacións. 10  Entón recoñecerán que eu son o Señor,non en van lles dixen que lles causaría tal desgracia. 11  Así fala o Señor, Iavé: -Bate as túas palmas, patea cos teus pés e di: ¡Ai de tódalas malignas abominaciónsda casa de Israel! ¡Por fin! A casa de Israel caerá pola espada, de fame e mais de peste. 12  Os que están lonxe morrerán de peste,os que están cerca caerán pola espada,os que queden asediados morrerán de fame: eu chegarei ó colmo da miña ira contra eles. 13  Coñeceredes que eu son o Señorcando os seus mortos estean entre os seus ídolos,ó arredor dos seus altares,sobre todo outeiro elevado,en toda cima de montaña,debaixo de toda árbore ramudae debaixo de toda aciñeira retorta,lugares onde eles ofrecen recendentes perfumes ós seus ídolos. 14  Estenderei o meu brazo contra elese converterei esta terra nunha desolación: unha desolación en tódalas súas bisbarrasdesde o deserto ata Diblah. Entón recoñecerán que eu son o Señor.

Notas ó pé