Ezequiel 4:1-17

4  -Oe ti, fillo de Adam, colle un ladrillo,pono diante de ti e grava nel unha cidade: Xerusalén;   pon contra ela un asedio,constrúe contra ela muros de asalto,levanta contra ela rampas;pon contra ela campamentos militares,e coloca contra ela arietes todo ó arredor.   E ti, colle unha tixola de ferroe pona de muro entre ti e esta cidade;dirixe a túa face cara a ela;quedará en asedio, pois ti montarás asedio contra ela. Isto é un sinal para a casa de Israel.   -Oe ti, déitate para o teu lado esquerdo,e pon para este lado as iniquidades da casa de Israel: cantos días te deites para este lado,outros tantos soportara-las súas iniquidades.   Pero eu sináloche en número de días os anos das súas iniquidades: trescentos noventa días,que ti cargarás coa iniquidade da casa de Israel.   Ó acabares estes días, déitate de novo para o lado dereito,para cargares coas iniquidades da casa de Xudádurante corenta días, día por ano: márcoche o tempo, día por ano.   Mantén a túa cara e mailo teu brazodo lado do asedio de Xerusaléne profetizarás contra ela.   Velaí que che poño cordase non poderás da-la volta dun lado para o outro,ata acabáre-los días de estares atado.   -Oe ti, colle para ti trigo e mais cebada,fabas e lentellas, millo e centeo mocho: pon todo nunha olae logo con todo isto farás para ti pan,que has comer tódolos días que estarás deitado de lado: trescentos noventa días. 10  E a túa comida, que ti comerás taxada,será de vinte siclos por día,comerala de día en día. 11  A auga beberala taxada: un litro e cuarto,beberala de día en día. 12  Unha bola de pan de cebada é o que ti comerás;cocera-la bola na presencia delescon excrementos humanos. 13  E dixo o Señor: -Deste mesmo xeito comerán os fillos de Israel o seu pan impuronas nacións onde eu os dispersarei. 14  E repuxen: -¡Ai, meu Señor, Deus! Fíxate: a miña gorxa nunca estivo lixada,nunca comín carne morta nin res matada por unha feradesde a miña nenez ata hoxe,nin entrou na miña boca carne impura. 15  El respondeume: -Pois ben, permítoche bosta de vacasen vez de excremento humano,para facére-lo teu pan sobre ela. 16  Logo díxome: -Fillo de Adam, velaí que vou suprimi-lo suministro de pan a Xerusalén: van come-lo pan taxado e con preocupacións,e van bebe-la auga racionada, e con medo 17  de que lles falte o pan e maila auga;deste xeito vivirán atemorizados uns e outros,e consumiranse por culpa da súa iniquidade.

Notas ó pé