Ezequiel 23:1-49

23  Entón veume a palabra do Señor nestes termos:   -Fillo de Adam, había dúas mulleres,fillas da mesma nai;   déronse á prostitución en Exipto;sendo mociñas xa se deron á prostitución. Alí apalpáronlle-los seos,apretáronlle-los seus peitos de virxes.   Velaí os seus nomes: Oholah, a máis grande;e Oholibah, súa irmá. Despois foron miñase déronme a luz fillos e mais fillas. Velaí os seus nomes: Oholah chámase Samaríae Oholibah, Xerusalén.   Oholah, en lugar de ser miña, deuse á prostitucióne namorouse dos seus amantes, dos asirios:   guerreiros vestidos de púrpura,gobernadores e correxedores;todos eles novos, bos mozos,xinetes montados en cabalos.   Os encantos da súa prostituciónentregóullelos a eles,a toda a flor dos asirios,e lixouse con tódolos que eran a súa paixóne con tódolos seus ídolos volveuse impura.   Non retirou de Exipto as súas fornicacións,xa que se viñan deitando con ela desde a mocidade,e eles foron quen lle apalparon os seus peitos de virxee quen puxeron nela os anceios de fornicación.   Por isto entregueina ó poder dos seus amantes,ó poder dos asirios de quen ela estaba namorada. 10  Eles destapáronlle as súas vergonzas,colléronlle os fillos e as fillas,e a ela matárona coa espada. Ela converteuse nun nome simbólico para as nacións,pois os asirios executaron a súa sentencia condenatoria. 11  Viu isto a súa irmá Oholibah,e degradou o seu namoro máis ca ela,e degradou a súa fornicación máiscá fornicación da irmá. 12  Namorouse dos asirios: gobernadores e correxedores,guerreiros vestidos de luxo,xinetes montados en cabalos,todos eles novos, bos mozos. 13  Eu vin como se volvía impura: as dúas colleran o mesmo camiño. 14  Aumentou as súas fornicaciónsvendo as esculturas de homes sobre as paredese as figuras dos caldeos pintadas en vermello, 15  cun cinto polo vane con turbantes que lles agrandaban a cabeza,parecían todos eles xenerais,tiñan o aspecto de babilonios de Caldea,a terra da súa orixe. 16  Coa soa visión dos seus ollos namorouse delese mandoulles mensaxeiros a Caldea. 17  Os babilonios viñeron onda ela,ó leito dos amoríos,volvérona impura coas súas fornicacións,e ela sentiuse impura con eles,e a súa gorxa sentiu noxo deles. 18  Descubriu os seus xeitos de prostitutae descubriu as súas vergonzas,e entón a miña gorxa sentiu noxo dela,o mesmo que sentira noxo da súa irmá. 19  Pero ela aumentou as súas prostituciónslembrándose dos días da súa mocidade,cando se prostituíra no país de Exipto. 20  Ela seguiu namorada daqueles mancebos,a carne deles era de burros,a súa semente era semente de cabalos. 21  Por isto eu castiguei a lascivia da túa mocidade,de cando os teus peitos eran apalpados por Exiptopor causa dos teus seos de moza. 22  Por isto, Oholibah, así fala o meu Señor: -Velaí, estou incitando contra ti os teus amantes,eses dos que a túa gorxa sente noxo,e fareinos vir contra ti de todo o arredor. 23  Os babilonios e tódolos caldeos, anoxados dela,visitan en demanda de axuda a tódolos asirios,a eles, novos, bos mozos,gobernadores e correxedores todos eles,ós xenerais e oficiais, montados en cabalos todos eles. 24  Virá contra ti un exército de xinetes e carros,con multitude de tropas;e porán diante de ti todo ó arredoras forcadas, os escudos e mailos elmos;eu expoñerei diante deles a causae eles xulgarante segundo a súa xustiza. 25  Verterei contra ti os meus celose tratarante con rabia;arrincaranche o nariz e as orellase o que che quede caerá a espada;prenderán os teus fillos e as túas fillase o que che quede será consumido polo lume. 26  Quitaranche os teus vestidose arrebataranche as túas xoias. 27  Farei desaparecer de ti a túa lasciviae da terra de Exipto a túa fornicación de prostituta;non volverás levanta-los teus ollos cara a elesnin te volverás lembrar máis de Exipto. 28  Pois así fala o meu Señor, Iavé: -Velaí, entrégote ó poder dos que ti odias,ó poder daqueles dos que a túa gorxa sente noxo. 29  Tratarante con odioe apoderaranse de tódalas túas riquezas,deixarante espida e en coiro,e quedarán ó descuberto as túas vergonzas de prostituta. 30  A túa lascivia e as túas prostitucións trouxéronche isto,por te prostituíres indo tralas nacións,e por te volveres impura cos seus ídolos. 31  Collíche-lo camiño da túa irmá,e por isto eu porei na túa man a súa mesma cunca. 32  Así fala o meu Señor, Iavé: -Bebera-la cunca da túa irmá,ben fonda e ben ancha. Servirá para rir e para burlarsepola súa grande cabida. 33  Ti encheraste de borracheira e de pesares,¡cunca de horrores e de desolación é a cunca da túa irmá Samaría! 34  Beberala e deixarala baldeira,rillara-lo seu barro,e logo rachara-los teus peitos,pois son eu quen falei,-é o meu Señor, Iavé, quen fala-. 35  Por isto así fala o meu Señor, Iavé: -Por te esqueceres de mine por me dáre-las costas,por isto, ti soportao castigo da túa lascivia e da túa prostitución. 36  O Señor díxome: -Fillo de Adam, xulga a Oholah e a Oholibah,bótalles na cara as súas abominacións. 37  ¡Si que cometeron adulterios! Teñen sangue nas súas manse cometeron adulterios cos seus ídolos;e ademais os seus propios fillos,que para min deran a luz,servíronllelos en comida ós ídolos. 38  E aínda me fixeron isto: contaminaron o meu santuario o día aquele profanaron os meus sábados. 39  Ó ofreceren os seus fillos ós ídolos en sacrificio,o día aquel entraron no meu santuario, profanándoo. Velaí o que fixeron dentro da miña Casa. 40  Aínda máis, fanlles regalosa homes que veñen de lonxe,ós que mandaron mensaxeiros;e velaí que viñeron con sorte: ti bañácheste, pintáche-los ollose engalanácheste con xoias. 41  Logo deitácheste en diván pomposo,cunha mesa preparada diante do diván,e puxeches fronte ó diváno meu incenso e os meus perfumes aceitosos. 42  No diván oíase o griterío dunha multitude leda,e un exército de homes, que foron invitados a vir do deserto,-unha abundancia de homes- enchíanse de beber. Entón eles puxeron brazaletes nos brazos delase unha diadema espléndida nas cabezas. 43  Eu dixen: ¡Certo, agora adulterios! ¡Ai, prostituta, lasciva tamén ela! 44  ¡Veñen onda ela,como se vai xunto dunha prostituta! Así viñeron onda Oholah e Oholibah,esas mulleres impúdicas. 45  Velaí os homes xustos que as han xulgarcoa sentencia das adúlterase coa sentencia das asasinas,pois elas son adúlterase teñen sangue nas súas máns. 46  Pois así fala o meu Señor, Iavé: -Fai subir contra elas unha multitudee entrégaas á aldraxe e ó saqueo. 47  Que a xente lance pedras contra elase que as esnaquicen coas súas espadas,que maten ós seus fillos e ás súas fillas,e que queimen co lume as súas casas. 48  Farei desaparece-la lascivia do país,e escarmentarán tódalas mulleres,que non volverán imita-la vosa infamia. 49  Farase caer sobre vós a vosa lasciviae soportaréde-los vosos pecados de idolatría. Entón recoñeceredes que eu son o Señor, Deus.

Notas ó pé