A Xénese 36:1-43

36  Esta é a historia dos descendentes de Esaú, que é Edom.  Esaú tomou mulleres de entre as cananeas: Adah, filla de Elón o hitita; Oholibamah, filla de Anah, fillo de Sibón o hurrita;  e Basemat, filla de Ismael e irmá de Nebaiot.  Adah deulle a Esaú a Elifaz; Basemat, a Reuel;  e Oholibamah, a Ieux, Ialam e Córah. Estes son os fillos que lle naceron a Esaú en Canaán.  Esaú colleu as súas mulleres, os seus fillos e fillas, a xente toda da súa casa, os fatos, os gandos e tódolos bens que adquirira en Canaán, e foi a outro país, por mor de Xacob seu irmán.  As posesións dos dous eran tantas, que non podían vivir xuntos. A terra onde habitaban non podía sostelos, pola grandeza dos seus fatos.  Esaú asentou na montaña de Seir. Esaú é Edom.  Esta é a historia de Esaú, pai de Edom, na montaña de Seir. 10  Estes son os nomes de seus fillos: Elifaz, fillo de Adah, muller de Esaú; Reuel, fillo de Basemat, outra muller de Esaú. 11  Os fillos de Elifaz foron: Temán, Omar, Sefó, Gatam e Quenaz. 12  Elifaz, fillo de Esaú, tivo por concubina a Timná, que lle deu a Amalec. Todos estes viñan de Adah, muller de Esaú. 13  E estes agora son os fillos de Reuel: Nahat, Zérah, Xamah e Mizah. Estes viñan de Basemat, muller de Esaú. 14  Os fillos de Oholibamah, filla de Anah, fillo de Sibón, os que lle deu a Esaú foron: Ieúx, Ialam e Córah. 15  Estes agora son os xefes dos descendentes de Esaú: Fillos de Elifaz, o primoxénito de Esaú, estes xefes: Temán, Omar, Sefó, Quenaz, 16  Córah, Gatam e Amalec. Os ditos son os xefes, fillos de Elifaz, no país de Edom, fillos de Adah. 17  Fillos de Reuel, fillo de Esaú, estes xefes: Nahat, Zérah, Xamah e Mizah. Os ditos son os xefes, fillos de Reuel, no país de Edom, os que lle deu Basemat a Esaú. 18  Fillos de Oholibamah, muller de Esaú, estes xefes: Ieúx, Ialam e Córah. Os ditos son os xefes, fillos de Oholibamah, filla de Anah, muller de Esaú. 19  Todos estes son os fillos de Esaú, que é Edom, e os seus xefes. 20  Os fillos de Seir o hurrita, que habitaban de antes no país, son: Lotán, Xobal, Sibón, Anah, 21  Dixón, Éser e Dixán. Os ditos foron os xefes hurritas, fillos de Seir, na terra de Edom. 22  Os fillos de Lotán foron: Horí e Hemam; e a súa irmá foi Timná. 23  Os fillos de Xobal foron: Alván, Manáhat, Ebal, Xefó e Onam. 24  Os fillos de Sibón foron: Aiah e Anah. Este Anah é o que atopou auga no deserto, cando gardaba os xumentos de seu pai Sibón. 25  Os fillos de Anah foron: Dixón e a filla Oholibamah. 26  Os fillos de Dixón foron: Hemdán, Exbán, Itrán e Querán. 27  Os fillos de Éser foron: Bilhán, Zaaván e Acán. 28  Os fillos de Dixán foron: Us e Arán. 29  Estes foron os xefes dos hurritas: Lotán, Xobal, Sibón, Anah, 30  Dixón, Éser e Dixán. Estes foron os xefes de clans no país de Seir. 31  Agora os reis que reinaron na terra de Edom, antes que os israelitas tivesen o seu rei: 32  En Edom reinou Bela, fillo de Beor; a súa cidade chamábase Dinhabah. 33  Morto Bela, reinou Iobab, fillo de Zérah, de Bosrah. 34  Morto Iobab, reinou Huxam, do país dos temanitas. 35  Morto Husam, reinou Hadad, fillo de Bildad, que venceu a Madián nos campos de Moab; a súa cidade chamábase Avit. 36  Morto Hadad, reinou Samlah, de Masrecah. 37  Morto Samlah, reinou Xaúl, de Rebobot do Río. 38  Morto Xaúl, reinou Baal-Hanán, fillo de Acbor. 39  Morto Baal-Hanán, fillo de Acbor, reinou Hadar; a súa cidade era Pau e a súa muller chamábase Mehetabel, filla de Matred, filla de Mezahab. 40  Estes son os nomes dos xefes dos descendentes de Esaú, segundo as súas familias, os seus lugares e os seus nomes: Timná, Alvah, Ietet, 41  Oholibamah, Elah, Pinón, 42  Quenaz, Temán, Mibsar, 43  Magdiel e Iram. Estes foron os xefes de Edom, segundo os seus lugares de morada, na terra da súa posesión. Este foi Esaú, pai de Edom.

Notas ó pé