Isaías 65:1-25

65  Eu deixei que me buscasen os que non me consultaban,(e) deixei que me atopasen os que non me procuraban. Díxenlle a unha nación que non se chamaba co meu nome: “¡Aquí estou!” “¡Aquí estou!”.   Boteille unha man todo o tempo a un pobo rebelde,ós que camiñaban por un vieiro non bo,seguindo os seus propios plans,   o pobo que me provocaba continuamente ante a miña presencia,ofrecendo sacrificios nos xardínse queimando incenso sobre os ladrillos;   viven nas sepulturas e pasan a noite nas covas,comen carne de porcoe talladas de carnes abominables nos seus pratos.   Din: “Arreda, non me toques, que te podería consagrar”. Estas cousas son fume nos meus narices, lume que arde todo o tempo.   Velaí: isto está escrito na miña presencia. Non podo calar,senón que lles teño que bota-la paga na abada do seu manto,   as súas abominaciónse as abominacións dos seus pais, todo xunto-fala o Señor-,porque queimaron incenso no cume dos montese aldraxáronme nos outeiros. Si, botareilles na abada do manto a paga do seu pasado.   Así fala o Señor: “O mesmo que se atopa mosto no acio,e se di: non o destrúas,que hai bendición dentro del,así farei cos meus servos: non os destruirei a todos.   Farei saír de Xacob descendenciae de Xudá (farei saír) o herdeiro dos meus montes: os meus elixidos herdarán istoe os meus servos morarán alí. 10  O Sarón será o pasteiro do rabaño,e o val de Acor será o curral do gando,para o meu pobo, que me buscou”. 11  Pero vós sóde-los que abandonáde-lo Señor,os que vos esquecedes do monte do meu santuario,os que preparáde-la mesa para (ir a) Gad,os que enchéde-la bota de viño mesturado para (ir a) Mení. 12  Pois eu destínovos para a espadae todos vós caeredes na matanza,porque eu clamei e vós non respondestes,eu falei e vós non fixestes caso,senón que fixéste-lo mal ós meus ollose escolléste-lo que non me gustaba. 13  Por isto, así fala o Señor Iavé: “Velaí os meus servos: eles comerán e vós pasaredes fame. Velaí os meus servos: eles beberán e vós pasaredes sede. Velaí os meus servos: eles alegraranse e vós avergonzarédesvos. 14  Velaí os meus servos: eles exultarán con corazón ledicioso,e vós clamaredes con corazón tristee con espírito destrozado lamentarédesvos. 15  Deixarédeslle-lo voso nome ós meus elixidos para un xuramento: ¡Que o Señor Iavé te faga morrer!,e chamarán ós meus servos cun nome diferente”. 16  O que queira ser bendito coa felicidade na terra,ha de ser bendito polo Deus Amén. E o que queira facer un xuramento na terra,ha de xurar polo Deus Amén. Si, que se esquezan das aflicións pasadas,e certamente estarán escondidas da miña percepción. 17  Pois velaí: eu creo ceos novos e terra nova,e non serán lembradas as cousas vellas,nin pasarán á consideración de ninguén, 18  senón que: exultade e brincade de ledicia para sempre,coa felicidade que eu creo,pois eu creo Xerusalén: “A Exultación”;e o seu pobo: “A Ledicia”. 19  E eu brincarei de ledicia por Xerusalén,e exultarei pola miña cidade,e non se volverá a oír nela ruído de choros nin ruído de berros. 20  Non volverá a nacer nela meniño falto de díasnin vello que non os cumpra de cheo,senón que o que morra ós cen anos será un rapaz,e o que consiga os cen anos será un maldito. 21  Construirán casas e habitaranase plantarán viñas e comerán os seus froitos. 22  Non construirán para que outro habite,nin plantarán para que outro coma,senón que os días do meu pobo serán coma os días dunha árbore,e os meus elixidos disfrutarán da obra das súas mans. 23  Non se fatigarán en van, nin darán a luz para calamidade,pois eles son a raza dos benditos do Señor,e os seus descendentes serán coma eles. 24  Aínda antes de que chamen, eu respondereilles;mentres eles volven falar, eu xa lles farei caso. 25  O lobo e o año pacerán xuntos,e o león comerá palla coma o boi,pero a serpente terá de comida o po. Non farán malnin provocarán matanza en todo o meu santo monte-dío o Señor-.

Notas ó pé