Libro Primeiro das Crónicas 25:1-31

25  David e os fillos do exército separaron ós que de entre os fillos de Asaf, de Hemán e de Iedutún tiñan que face-lo oficio de profetas, con cítaras, harpas e címbalos. Esta é a relación dos homes encargados destes servicios.  Dos fillos de Asaf: Zacur, Xosé, Netanías e Asarélah, baixo a dirección de Asaf, que pola súa banda profetizaba baixo a dirección do rei.  De Iedutún: os seus fillos: Guedalías, Serí, Isaías, Ximí, Haxabías, Matitías, seis, baixo a dirección de seu pai, Iedutún, que profetizaba coa cítara para louvar e glorificar a Iavé.  De Hemán: seus fillos, Buquías, Matitías, Uziel, Xebuel, Ierimot, Ananías, Hananí, Eliatah, Guidalti, Romantiézer, Ioxbecásah, Maloti, Hotir e Mahaziot.  Todos estes eran fillos de Hemán, vidente do rei, nas cousas de Deus, para exalta-lo seu poder. Deus dera a Hemán catorce fillos e tres fillas.  Todos estes foron postos baixo a dirección dos seus pais para cantaren no templo de Iavé, tocando os címbalos, as harpas e os salterios. Cumprindo os ministerios da casa de Iavé, seguindo as instruccións do rei, de Asaf, Iedutún e Hemán.  O seu número, contando os seus irmáns, os que estaban instruídos no canto de Iavé -todos eles entendidos-, eran douscentos oitenta o oito.  Foron sorteados en cada clase sen acepción de persoas, mozos e vellos, mestres e discípulos.  O primeiro por sorte foi Xosé, da casa de Asaf; e o segundo, Guedalías, por el e polos seus fillos e irmáns, en número de doce; 10  o terceiro, Zacur e os seus fillos e irmáns, en número de doce; 11  o cuarto, Isrí, cos seus fillos e irmáns en número de doce; 12  o quinto Netanías, cos seus fillos e irmáns en número de doce; 13  o sexto, Buquías, cos seus fillos e irmáns, en número de doce; 14  o sétimo, Asarélah, cos seus fillos e irmáns en número de doce; 15  o oitavo, Isaías, cos seus fillos e irmáns, en número de doce; 16  o noveno, Matanías, cos seus fillos e irmáns en número de doce; 17  o décimo, Ximí, cos seus fillos e irmáns en número de doce; 18  o undécimo, Azarel, cos seus fillos e irmáns en número de doce; 19  o duodécimo, Axabías, cos seus fillos e irmáns en número de doce; 20  o décimo terceiro Xubael, cos seus fillos e seus irmáns, en número de doce. 21  o décimo cuarto, Matitías, cos seus fillos e seus irmáns en número de doce; 22  o décimo quinto, Ierimot, cos seus fillos e irmáns en número de doce; 23  o décimo sexto, Ananías, cos seus fillos e irmáns en número de doce; 24  o décimo sétimo, Ioxbecásah, cos seus fillos e irmáns en número de doce; 25  o décimo oitavo, Hananí, cos seus fillos e irmáns en número de doce; 26  o décimo noveno, Maloti, cos seus fillos e irmáns en número de doce; 27  o vixésimo, Eliátah, cos seus fillos e irmáns en número de doce; 28  o vixésimo primeiro, Hotir, cos seus fillos e irmáns en número de doce; 29  o vixésimo segundo, Guidalti, cos seus fillos e irmáns en número de doce; 30  o vixésimo terceiro, Mahziot, cos seus fillos e irmáns en número de doce; 31  o vixésimo cuarto, Romantiézer, cos seus fillos e irmáns en número de doce.

Notas ó pé