Na sección Vídeos están dispoñibles os vídeos de tv.jw.org en calquera momento. Podes parar, retroceder ou avanzar o vídeo. Podes ver un ou varios programas de vídeo da colección. Fai clic ou preme no botón Vídeos para ver as coleccións de vídeo dispoñibles. Sigue estes pasos para buscar e reproducir programas de vídeo:

 Como atopar e reproducir un vídeo

Cando seleccionas a sección Vídeos por primeira vez, aparecen as categorías de vídeos. Para cada categoría aparece unha imaxe enriba do título da categoría. Algúns vídeos poden aparecer en varias categorías. Por exemplo, o vídeo O que din outros mozos. Crer en Deus aparece en Adolescentes e A Biblia.

Desprázate cara abaixo para ver tódalas categorías.

Fai clic na imaxe ou título dunha categoría para seleccionala. A imaxe que aparece na parte de arriba da pantalla mostrará o título e a descrición da categoría. Debaixo da imaxe aparecerán as coleccións de vídeo que contén esa categoría.

Ordenador ou tableta. Fai clic ou preme na frecha Esquerda ou Dereita para ver máis programas de vídeo dunha colección.

Teléfono móbil. Aparecerá o primeiro programa de vídeo de cada colección. Para mostrar máis programas de vídeo, preme en Ver máis.

Fai clic ou preme na imaxe ou título do vídeo para seleccionalo. A Imaxe que aparecerá na parte de arriba da pantalla mostrará o título, a descrición e a duración do programa de vídeo.

Fai clic ou preme no botón Reproducir para comezar a reproducir o vídeo. (Nota. Nos dispositivos iOS e Android, volve premer en Reproducir cando aparezan os controis de vídeo).

Fai clic ou preme no botón Descargar para descargar o programa de vídeo no teu ordenador ou dispositivo móbil. (Nota. É probable que algúns dispositivos móbiles requiran unha aplicación para descargar arquivos). Para descargar o programa de vídeo, fai clic ou preme na resolución de vídeo que desexes.

Fai clic ou preme en Continuar para continuar coa reprodución do programa de vídeo dende o punto onde o deixaches. Fai clic ou preme no botón Reproducir dende o principio para reproducir o programa de vídeo dende o principio.

  • Nota. No canto de reproducir un programa de vídeo de cada vez, fai clic ou preme no botón Reproducir todo onda o título da colección para reproducir tódolos vídeos da colección.

    Nota. A reprodución parará unha vez reproducidos tódolos programas da colección.

  • Se seleccionaches a opción Reproducir todo, fai clic ou preme en Anterior para ir ó anterior vídeo da colección.

  • Se seleccionaches a opción Reproducir todo, fai clic ou preme en Seguinte para ir ó seguinte vídeo da colección.

 Como usar as opcións de reprodución

Para usar as opcións de reprodución na sección Vídeos, sigue estes pasos:

  • Ordenador. Para ver o vídeo en pantalla completa , move o rato por enriba do vídeo e fai clic na icona Ver pantalla completa.

    Tableta ou teléfono móbil. Para ver o vídeo en pantalla completa, preme no vídeo e a continuación na icona Ver pantalla completa.

  • Ordenador. Para saír do modo pantalla completa, preme a tecla Esc do teclado ou move o rato por enriba do vídeo e a continuación fai clic na icona Saír de pantalla completa.

    iOS. Para saír do modo pantalla completa, preme no vídeo e a continuación na icona Saír de pantalla completa.

    Android. Para saír do modo pantalla completa, preme no vídeo e a continuación na icona Saír de pantalla completa. Algúns dispositivos Android antigos só reproducen os vídeos en modo pantalla completa.

    Windows Mobile. Para saír do modo pantalla completa, preme no botón Volver do teu dispositivo.

  • Fai clic ou preme en Pausa para parar a reprodución do vídeo.

  • Fai clic ou preme en Reproducir para continuar a reprodución.

  • Para desprazarte cara a outra parte do vídeo, move a barra de desprazamento cara adiante ou cara atrás.

  • Ordenador. Para cambiar a resolución do vídeo que estás vendo, move o cursor do rato por enriba do vídeo e a continuación por enriba da icona Seleccionar resolución. Fai clic na resolución desexada para seleccionala (Nota. Esta opción non está dispoñible en tódolos navegadores).

    Nota. O número máis alto correspóndese coa mellor resolución, e require unha conexión de Internet máis rápida. Selecciona a resolución que mellor encaixe coa túa conexión a Internet e co tamaño da túa pantalla (para máis información, consulta o artigo Como cambiar a configuración de JW Broadcasting no teu ordenador, tableta ou teléfono móbil).

    Tableta ou teléfono móbil. Para cambiar a resolución do vídeo que estás vendo, preme no vídeo e a continuación en Configuración para seleccionar a resolución desexada (Nota. Esta opción non está dispoñible en tódolos dispositivos móbiles).

  • Ordenador. Para regular o volume, move o cursor do rato por enriba do vídeo e a continuación por enriba da icona Volume. Despraza o indicador de volume cara arriba ou cara abaixo para subir ou baixar o volume.

    Tableta ou teléfono móbil. Para regular o volume, usa o botón de volume do teu dispositivo móbil.