A sección Audio contén varias coleccións de audio. Podes escoitar un ou varios programas da colección.

Fai clic ou preme no botón Audio para ver as coleccións de audio dispoñibles. Sigue estes pasos para buscar e reproducir programas de audio:

 Como reproducir unha colección ou un programa de audio

Os programas de audio de cada colección aparecerán baixo o título da colección. Desprázate cara abaixo para ver tódalas coleccións.

Ordenador ou tableta. Fai clic ou preme na frecha Esquerda ou Dereita para ver máis programas de audio dunha colección.

Teléfono móbil. Aparecerá o primeiro programa de audio de cada colección. Para mostrar máis programas de audio dunha colección, preme en Ver máis.

Fai clic ou preme nun título ou nunha imaxe para seleccionar un programa de audio. A imaxe e o título do programa seleccionado aparecerán na parte superior da pantalla.

Fai clic ou preme no botón Reproducir para comezar a reproducir o programa (Nota. Nos dispositivos móbiles iOS e Android, volve premer en Reproducir cando aparezan os controis de audio).

  • Consello: Para escoitar máis dun programa de audio de cada vez, fai clic en Reproducir todo para reproducir tódolos programas de audio da colección.

  • Fai clic ou preme en Aleatorio para reproducir tódolos programas de audio da colección en orde aleatoria.

    Nota. A reprodución parará unha vez reproducidos tódolos programas da colección.

 Como usar as opcións de reprodución

  • Fai clic ou preme en Pausa para deter a reprodución.

  • Fai clic ou preme en Reproducir para continuar a reprodución.

  • Para desprazarte polo programa de audio, move o dedo cara adiante ou cara atrás pola barra de desprazamento.

  • Se estás en modo Reproducir todo ou Aleatorio, fai clic ou preme en Anterior para ir ó audio anterior da colección.

  • Se estás en modo Reproducir todo ou Aleatorio, fai clic ou preme en Seguinte para ir ó seguinte audio da colección.

  • Para regular o volume, usa os controis de volume do teu ordenador ou dispositivo móbil.