Hai varias opcións para ver JW Broadcasting no teu televisor:

  • JW Broadcasting está dispoñible para Roku, Apple TV (cuarta xeración), e Amazon Fire TV.

  • Se tes un ordenador ou un dispositivo Apple e un modelo antigo de Apple TV, podes ver vídeos con AirPlay no teu televisor.

  • Se tes un dispositivo Google Chromecast, podes enviar o vídeo ó teu televisor dende un buscador Chrome. Cando o vídeo se estea a reproducir nun ordenador ou nun dispositivo móbil, fai clic na icona de enviar.

  • Outra opción é conectar o teu ordenador, tableta ou teléfono móbil ó teu televisor mediante un cable HDMI, DVI, VGA ou S-Video. No manual de instrucións do teu televisor, ordenador ou dispositivo móbil atoparás información sobre que opción se axusta ás túas necesidades.

  • Algúns televisores teñen unha aplicación para navegar por Internet coa que podes acceder á páxina tv.jw.org e reproducir vídeos. Non obstante, está opción non está disponible en tódolos modelos de televisores, inda que conten con conexión a Internet.