A primeira vez que uses a túa conta de usuario de Apple para acceder a unha das Apple Stores (iTunes Store, App Store ou iBooks Store) terás que confirmar se desexas engadir un método de pago, xa que non tódolos contidos das tendas son gratuítos.

Se non desexas asociar ningún método de pago á túa conta de usuario de Apple, sigue os pasos que atoparás na sección de axuda de Apple.