Ir ó contido

Ir ó índice

PÁXINA JW.ORG

Atopar unha publicación

Atopar unha publicación

Na sección PUBLICACIÓNS de jw.org poderás acceder a centos de contidos en formato dixital e audiovisual. Mira como podes atopalos:

 Buscar polo título da publicación

Se sabes o título ou algunha das palabras que contén. Podes usar calquera dos seguintes métodos para atopala rapidamente.

Vai a PUBLICACIÓNS > OUTRAS PUBLICACIÓNS.

  • Fai clic en Tódolos elementos e escribe algunhas das palabras que contén o título da publicación que buscas. Por exemplo, se estás buscando o libro Que ensina realmente a Biblia?, teclea, por exemplo, a palabra ensina. Despois, fai clic no título da publicación.

  • Fai clic no botón Buscar.

 Buscar un número determinado dunha revista

Vai a PUBLICACIÓNS > REVISTAS.

O primeiro que aparece na pantalla son os últimos catro números da revista ¡Despertad!, a edición para o público de La Atalaya e os últimos oito números da edición de estudo e da edición simplificada de La Atalaya (non están dispoñibles en tódolos idiomas). Para atopar un número determinado, segue estes pasos:

  • Selecciona a revista e o ano que estás buscando nas listas despregables.

  • Fai clic no botón Buscar.

 Ver tódolos formatos dispoñibles dunha publicación

Para ver en que formato están dispoñibles en jw.org podes escoller entre dous modos de visualización: modo cuadrícula e modo lista.

Se fas clic no modo Cuadrícula verás un breve resumo do contido das publicacións. Esta é a vista que aparece por defecto.

No modo Cuadrícula, verás a portada da publicación, as iconas para descargala e mailo título. Poñendo o cursor enriba da imaxe (ou preméndoo se navegas desde unha tableta ou teléfono móbil), verás os diferentes formatos en que podes descargar cada publicación (publicación dixital ou arquivo de son).

Fai clic en Lista para cambiar a vista a este modo.

No modo Lista verás tódolos formatos dispoñibles para cada publicación.

Algunhas publicacións están dispoñibles noutras edicións, como en letra grande. Se fas clic nun dos formatos para descargar (PDF, por exemplo) podes ver que edicións están dispoñibles nese formato. A continuación, fai clic no vínculo da edición que queres descargar.

 Buscar unha publicación que conteña certas palabras

Se a publicación está dispoñible para ler en liña sen ter que descargala, podes usar a función Buscar contenido para atopar un artigo ou un capítulo que conteña certas palabras ou frases.

Fai clic en Buscar. No recadro que aparece, escribe a palabra ou a frase que esteas a buscar e fai clic no botón Buscar. Se sabes dunha ou varias palabras que saian na publicación, introdúceas todas. Deste xeito, o artigo ou capítulo que buscas sairá entre os primeiros resultados da busca.

Para que só saian determinados artigos ou capítulos, segue os seguintes pasos:

  • Fai clic en Búsqueda avanzada e a continuación en Opciones avanzadas.

  • Fai clic no recadro Publicaciones baixo o título Categoría.

  • Fai clic no botón Buscar.